O Parlamento grego subscribe o terceiro resgate

Sesenta e seis parlamentares de Syriza rexeitaron un acordo que Tsipras define como unha "elección forzosa".

Grecia 2
photo_camera [Imaxes de arquivo]

Máis unha vez os votos da dereita grega (Nova Democracia, PASOK, Potami e @s deputad@s afíns ao primeiro ministro heleno, Alexis Tripras, permitiron a aprobación do terceiro resgate á economía de Grecia. 

Porén, o debate e a votación evidenciaron, máis unha vez, a división interna en Syriza. Até 66 parlamentares da formación rexeitaron co seu sufraxio o plan económico e o programa de recortes que implica a chegada do diñeiro europeo. 

A esas persoas se dirixiu na súa intervención o primeiro ministro. Tsipras asegurou que "a decisión de non ir á quebra desordenada ou a un memorando co dracma non era unha opción do momento" pois "nunca foi a nosa elección ou declaración programática". "Perante un ultimato para a saída temporal de Grecia da eurozona, tomamos a responsabilidade cara ao pobo grego de seguir con vida e continuar a loita en troca de elixir o suicidio", sinalou.  

Tsipras mantén que a sinatura do acordo co Eurogrupo é unha "elección forzosa" mais a presidenta da Cámara, Zoe Konstandopulu, unha das voces máis críticas co goberno retrucoulle asegurando que o Parlamento grego non está para asínar só os mandatos do ministro de Finanzas alemán, Wolfgang Schäuble. 

Unha mobilización convocada pola central sindical PAME amosou nas rúas o rexeitamento popular ao novo resgat que visa facer fronte ao pagamento de 3.400 millóns de euros ao BCE antes do día 20 de agosto. 

Comentarios