O Parlament de Catalunya volveu aprobar o dereito de exercer a autodeterminación e fíxoo xusto despois de que o Tribunal Constitucional (TC) suspendese o texto promovido pola CUOP no que defendía “exercer de forma concreta o dereito de autodeterminación”.
Embora as reiteradas advertencias do tribunal e que o president do Parlament, Roger Torrent, está no albo do órgano xudicial, JxCat, ERC e CUP votaron a prol da moción recorrida polo goberno español.