venres 21.02.2020

'Parasitos' gaña os Óscar

É o primeiro filme en lingua non inglesa en gañar o premio á mellor película. Ademais, conquista o Óscar ao mellor guión, mellor director e mellor filme internacional

Bong Joon Ho (Europa Press)
Bong Joon Ho (Europa Press)

Era unha das grandes favoritas e finalmente foi a gañadora. A surcoreana Parasitos fíxose co Óscar ao mellor filme e ao mellor director (Bong Joon Ho) e convertiuse no primeiro filme en lingua non inglesa en conquistar a estatuíña á mellor película. A estes dous premios engádese os Öscar ao mellor filme internacional e mellor guión. Catro estatuas en total.

Ademais, Renée Zellweger gañou o Óscar a mellor actriz por 'Judy' e Joaquin Phoenix a mellor actor por 'Jocker'. O de mellor actor secundario levouno Brad Pitt (Érase unha vez en Hollywood) e a mellor actriz secundaria foi para Laura Dern (Historia dun matrimonio).

comentarios