Brexit

Os países fundadores da UE pídenlle ao Reino Unido que encete a saída canto antes

Os seis países fundadores da UE instaron este sábado o Reino Unido a abandonar “o máis rapidamente posíbel” o bloco comunitario.

Brexit mural Imaxe paintsmith

O ministro de Relacións Exteriores alemán, Frank Walter Steinmeier erixiuse na mañá do sábado en portavoz dos seis países fundadores da UE –Alemaña, Francia, Holanda, Italia, Bélxica e Luxemburgo- para lle pedir ao Reino Unido que encete “o máis rapidamente posíbel” a súa saída da UE após o referendo da quinta feira.

Neste primeiro encontro entre xefes diplomáticos de seis países após a decisión do pobo británico, Steinmeier sinalou que a UE tratará agora de avaliar o estado das sociedades logo do “shock do Brexit”. Así, o alemán instou os 27 a “non caer na histeria, na depresión ou na inacción” e emprazounos a se prepararen para “defenderen” e “reforzaren” Europa. Os temas prioritarios, salientou, son a crise de refuxiadas –asunto que, curiosamente, está a suscitar denunciar por parte da comunidade internacional logo do polémico acordo entre a UE e Turquía, a crise do emprego no sur da UE e a seguridade.

Nos próximos días terán lugar encontros entre os países que forman parte da UE arredor do Brexit.

Comentarios