Crise dos pellets

O grupo do BNG no Parlamento Europeo exixe maiores controles para evitar novas verteduras de pellets

O Parlamento Europeo debaterá na súa sesión plenaria desta quinta feira sobre a vertedura de 25 toneladas de pellets de plástico a pedimento dos grupos dos Verdes e dos Socialistas e, de forma previa, representantes de ambos os dous, así como dos populares europeos, manterán senllas reunións co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, en relación á vertedura.
Un voluntario recollendo 'pellets'. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
photo_camera Un voluntario recollendo 'pellets'. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)

O grupo dos Verdes no Parlamento Europeo presentou esta cuarta feira as súas emendas ao informe sobre microplásticos que se debaterá esta quinta na Eurocámara e entre as que piden un reforzo das medidas de seguridade e control no transporte marítimo para evitar novas verteduras de pellets como o que ocorreu fronte ás costas galegas e que afecta xa o litoral cantábrico, así como parte de Francia e Portugal.

No debate promovido pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, os Verdes lamentaron nun comunicado que a vertedura destes plásticos nas costas galegas provocou unha grave crise ambiental e de saúde pública, que afecta varias comunidades, e volveu pór sobre a mesa os riscos derivados do transporte marítimo destas partículas tóxicas.

As emendas, presentadas pola eurodeputada Ska Keller, teñen como obxectivo, entre outros, prohibir o transporte de pellets a granel, tal e como acordou a Organización Marítima Internacional (OMI) e aplicar as recomendacións deste organismo para o transporte marítimo de granza de plástico en contedores.

O Parlamento Europeo debaterá na súa sesión plenaria desta quinta feira sobre a vertedura de 25 toneladas de pellets de plástico a pedimento dos grupos dos Verdes e dos Socialistas e, de forma previa, representantes de ambos os dous, así como dos populares europeos, manterán senllas reunións co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, en relación á vertedura.

O coportavoz de Verdes Equo e membro da executiva federal de Sumar, Florent Marcellesi, criticou que "ante o desleixo por acción ou omisión da Xunta gobernada polo PP, é urxente que Europa tome a iniciativa" a fin de protexer a saúde e contorna comunitarios.

"Desde Verdes Equo, xunto con Sumar, xa solicitamos a urxente intervención, e colaboración, da Xunta da Galiza e do Goberno estatal, para evitar o impacto sanitario e ambiental da vertedura de pellets e estamos a actuar, de forma coordinada co Grupo dos Verdes/ALE, co fin de que a Unión Europea tome as medidas oportunas para evitar novas verteduras", apuntou Marcellesi.

Pola súa parte, o coportavoz de Verdes-Equo Galicia, Néstor Vázquez, afirmou que o transporte marítimo de contedores debe introducir outros sistemas de seguridade, como localizadores GPS, para evitar a perda de calquera material e permitir a súa extracción do mar con facilidade. "Na Galiza sufrimos con demasiada frecuencia episodios de verteduras e contaminación polo corredor atlántico e vai sendo hora de de deixar de padecer estes impactos na nosa costa", apostilou.

Comentarios