Os mortos no atentado contra unha mesquita sufí no Sinaí son xa 305

O templo, na cidade exipcia de Al-Arish, foi atacado con bombas e armas lixeiras.

mesquita atentado sinai

Un total de 305 persoas mortas e máis de 100 feridas no atentado esta sexta feria contra unha mesquita no Sinaí (Exipto). Os atacantes - uns 25- colocaron artefactos explosivos de fabricación caseira en torno á mesquita Al Rauda e fixéronos detonar á saída dpos fieis após o rezo da sexta feira, día sagrado para os musulmáns. As persoas que fuxían foron albo dos disparos dos atacantes, que ían en catro vehículos todoterreo

“Disparaban á xente cando saía da mezquita”, afirmaron veciños da cidade á axencia Reuters. “Tamén disparaban contra as ambulancias”. Segundo o diario oficial exicpcio Al Ahram, a mesquita Al Rauda, pertence á comunidade sufí. O Estado Islámico consideran apóstatas os membros desta rama do  islam porque reverenciaban os santos e teñen santuarios, o que para os extremistas islámicos equival a idolatría.

O presidente exipcio, Abdelfatah al Sisi, reuniu o Consello de Defensa Nacional. Nun discurso televisado, o presidente prometeu combater o terrorismo "con man de ferro". Algunhas axencias apuntan a que avións militares realizaron bombardeos na contorna da cidade onde a mesquita foi atacada.

Comentarios