PERFIL DA NOVA LÍDER DO SNP

Nicola Sturgeon, a paixón por conquistar unha Escocia independente

Comeza Escocia unha nova etapa coa elección de Nicola Sturgeon como Líder do SNP. Asumirá o cargo de First Minister unha vez sexa aprobado no Parlamento escocés nas vindeiras semanas. 

Nicola escocia SNP

Nicola Sturgeon será a primeira muller en ocupar este cargo. O que é “o mais alto privilexio da súa vida”, segundo as súas palabras, sen dúbida é o merecido premio a toda unha amplísima traxectoria de compromiso e activismo que comezou aos 16 anos, cando decidiu unise ao Scottish National Party, facendo causa incansable dende ese momento e até o presente pola independencia de Escocia, destacando tamén pola suá especial defensa de políticas sociais e antinucleares.

Nacida en Irvine no ano 1970, e avogada de profesión, traballou en Drumchapel Law Center axudando a xente con problemas legais. En 1999 foi elixida deputada por Glasgow para o Parlamento escocés, repetindo vitoria no 2003. En 2007, Nicola consegue arrebatarlle ao Partido Laborista a circunscrición de Govan, tamén en Glasgow. No 2010, abolida a circunscrición de Govan, Nicola presentase por Glasgow Shouthside en 2010 onde foi elixida polo 54% dos votos.

En 1999 asumiu a responsabilidade do Gabinete de Infancia de Educación, en 2007 foi nomeada Responsable de Saúde e Benestar e no 2010 asumiu a do Gabinete de de Infraestrutura, Investimento e Cidades,  entre outras funcións.

Saldmon

Inseparable e fiel ao que ela considera o seu mentor, amigo e colega Alex Salmond, decidiu retirar a súa candidatura como líder do SNP, cando Salmond decidiu presentarse logo da renuncia de John Swinney. Sturgeon foi elixida nesta ocasión como segunda de abordo.

Nicola Sturgeon ten demostrado sobradamente a súa valía, preparación e facultades, levando dende o inicio o peso do pasado referendo de independencia, tarefa que realizou con excelencia.

Muller fiel aos seus principios independentistas, popular, maxistral oradora e imbatible nos debates, quixo deixar claro que os seu principal obxectivo é facer cumprir as promesas dos unionistas de outorgar mais poderes para Escocia; “a independencia só pode chegar vía referendo”, asegurou Nicola Sturgeon, quen repetiu unha mensaxe que xa foi anunciada nestes días en distintos medios de comunicación escoceses: a saída do Reino Unido da UE será razón máis que suficiente para convocar un novo referendo de independencia.

As súas primeiras palabras de agradecemento foron dirixidas a todos os que confiaron nela ao longo da súa traxectoria e en especial á súa familia, para o seu home, o relevante membro do SNP, Peter Murrell.

Comentarios