O MPLA parte como favorito ás portas dos comicios angolanos

João Lourenço aspira a manter a Presidencia do país.
O actual presidente angolano, Joao Lourenço. (Foto: Xu Kunpeng / Zuma Press)
photo_camera O actual presidente angolano, Joao Lourenço. (Foto: Xu Kunpeng / Zuma Press)

O Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA), a organización patriótica e antiimperialista fundada por Agostinho Neto, que dirixiu a loita do país pola súa independencia,  preséntanse como favorita para a vitoria nas eleccións angolanas do vindeiro 25 de agosto.

Porén, as diferentes sondaxes apuntan a un crecemento da União Nacional para a Independência Total de Angola (UNITA), organización creada por Jonas Savimbi, financiada no seu momento pola China de Mao,e actualmente presente na Cámara angolana con 51 de 220 escanos.

OMPLA, a primeira forza política de Angola desde a súa independencia, á  que pertenceron os tres presidentes do país -Agostinho Neto, Eduardo dos Santos e João Lourenço- conta actualmente con 150 parlamentarios e controla os principais resortes do poder, entre elas as forzas armadas, conformadas sobre a base das antigas unidades guerrilleiras que primeiro combateron Portugal e despois enfrontaron un conflito interno de anos contra a UNITA, apoiada polo réxime racista de Sudáfrica e por Estados Unidos.

As sondaxes adiantan unha vitoria do MPLA pero con certo desgaste en relación cos pasados comicios. A este respecto, a enquisa máis recente, publicada o 22 de xullo, recollía un trunfo folgado do MPLA con 62 % dos votos, contra o 33 % da UNITA.

Na mesma liña, o estudo elaborado polo Afrobarómetro, organización con apoio técnico de universidades de Estados Unidos, Sudáfrica, Ghana e Quenia, outorgaba tamén un trunfo claro do MPLA, pero neste caso sen maioría absoluta. Sexa como for, a totalidade dos traballos de opinión sobre os comicios sitúan á cabeza ao MPLA, malia do desgaste dos últimos anos.

Adalberto Costa Júnior

A opinión das enquisas coincide coa dos analistas e dos principais medios de prensa nacionais e internacionais. Neste sentido, unha das ideas máis estendidas é que o novo mandatario João Lourenço introduciu desde a súa chegada ao Goberno en 2017 moitos cambios no país, sobre todo na loita contra a corrupción que na súa maioría protagonizaba a familia do falecido presidente de Angola, Eduardo dos Santos, o que creou un escenario de intriga política entre a familia deste e a nova dirección política do MPLA.

Precisamente, o ex primeiro ministro Eduardo dos Santos, Marcolino Mocco ou a filla do antigo mandatario, Tcizé dos Santos, veñen de pedir o voto para o candidato da UNITA, Adalberto Costa Júnior.

Comentarios