Rusia afirma que militares ucraínos depoñen as armas e entréganse ao exército ruso

Rusia segue a negar o ataque a civís.
Soldado ucraíno na zona do Donbass, Ucraína. (Foto: Diego Herrera/Europa Press)
photo_camera Soldado ucraíno na zona do Donbass, Ucraína. (Foto: Diego Herrera/Europa Press)

O voceiro do Ministerio de Defensa de Rusia, Ígor Konashénkov, informou da rendición de 150 soldados ucraínos desde o comezo do ataque militar ruso no día de onte.

A maior parte das desercións tivo lugar na illa Zmeíni, onde un grupo de 82 soldados entregáronse de xeito voluntario a unha unidade das Forzas Armadas de Rusia.

Outros 11 militares da 53 brigada mecanizada das tropas ucraínas rendíronse na localidade de Nikoláevsk. Asemade, varios efectivos da 36 brigada de infantaría da Mariña ucraína puxéronse en contacto coas milicias da República Popular de Donetsk para solicitar un corredoiro que lles permita ingresar no territorio do Donbass.

Konashénkov asegurou que todos poderán reunirse cose seus familiares após asinen unha declaración xurada de que non volverán tomar parte do conflito.

Obxectivos militares destruídos

Por outra parte, o Ministerio de Defensa ruso precisou que o exército xa destruíu 118 obxectivos militares na Ucraína desde o comezo da ofensiva en solo ucraíno.

Durante as primeiras 36 horas de avance do exército de Rusia, foron derruídas 11 bases aéreas, 13 centros de mando, 14 sistemas de misiles antiaéreos, 36 estaciones de radar, ademais de cinco avións de combate, un helicóptero, cinco 'drons', 18 tanques e outros vehículos blindados de combate, sete lanzacohetes múltiples, 41 vehículos militares especiais e cinco lanchas de combate.

Pola contra, Konashénkov negou que se estean a atacar nas cidades ucraínas ou a civís, a pesar de que o Goberno de Volodimir Zelenski e os medios de comunicación internacionais desprazados na zona afirman que xa se produciron 137 mortes de civís e soldados, así como máis de 300 feridos..

Comentarios