A manifestación pola liberdade dos “Jordis” convértese nun clamor contra a supresión do autogoberno

O president da Generalitat, Carles Puigdemont, e o resto do seu Govern encabezaron, da man de entidades e forzas políticas soberanistas, a manifestación que reclamaba a liberación de Jordi Sánchez (ANC) e Jordi Cuixart (Òmnium). A mobilización foi a primeira réplica, multitudinaria -450 mil persoas segundo a Garda Urbana-, á validación das medidas coercitivas anunciadas por Mariano Rajoy na mañá do sábado.

1200_1508597290IMG_7523
photo_camera [Imaxe: Adriá Costa/Nacio Digital] A cabeza da manifestación

A manifestación convocada para a tarde deste sábado co fin de reclamar a liberdade dos máximos responsábeis das entidades soberanistas ANC e Òmnium, que foron levados a prisión a segunda feira, converteuse na primeira mostra de forza, pacífica, contra o golpe anunciado polo Goberno de Mariano Rajoy ao Govern catalán.

Foron varios milleiros as persoas, independentistas e non independentistas, que saíron á rúa para rexeitar a supresión do autogoberno após o Consello de Ministros acordar –coa anuencia do PSOE e de Ciudadanos– a aplicación do artigo 155 da constitución española a Catalunya, con medidas que inclúen a destitución do Govern, a convocatoria de eleccións ou a retirada de competencias do Parlament.

576_1508600679photo_2017-10-21_17-29-05O president Carles Puigdemont, contra o que a Fiscalía ultima unha querela por un delito de rebelión, e o resto do seu Executivo encabezaron a mobilización, que se converteu na primeira réplica ao anuncio das citadas medidas. Aliás, en representación das forzas políticas, participaron, entre outras persoas, Artur Mas, Neus Munté, Marta Pascal, David Bonvehí e Lluís Corominas (PDeCAT); Marta Rovira e Gabriel Rufián (ERC); Gabriela Serra e Carles Riera (CUP); Xavier Domènech, Joan Josep Nuet, Jèssica Albiach e David Cid (CatComú);  Ada Colau (Barcelona En Comú) –que decidiu asistir após a comparecencia de Rajoy–, ou Albano-Dante Fachin (Podem).

O protesto, que volveu pór sobre a mesa o contexto de mobilización permanente no que se atopa boa parte da sociedade catalá, arrancou ás 17h para chegar á Gran Vía, onde se situou o escenario en que tiveron lugar as intervencións. As consigas contra a aplicación do artigo 155 protagonizaron un acto en que tamén se oíron proclamas pola liberdade “dos Jordis”.

A resposta masiva colapsou o transporte público

O anuncio de Rajoy provocou unha maior resposta á concentración. Unha avalancha de persoas que provocaron o colapso dos servizos públicos de autobuses para acudir a Barcelona. Aliás, os ferrocarrís da Generalitat tamén ficaron colapsados aínda cando xa estaba a rematar a manifestación, organizada por Taula per la Democracia, unha plataforma de 40 entidades sociais, sindicais, culturais e deportivas que reivindica a defensa dos dereitos do pobo catalán e que loita contra a conculcación das liberdades.

Logo da lectura do manifesto, que as e os asistentes eçscoitaron coas mans entrelazadas, María del Mar Bonet cantou “Què volen aquesta gent?”. O acto finalizou coa interpretación de Els Segadors, ao que seguiron gritos a favor da independencia.

As miradas, postas na intervención de Puigdemont

Após a manifestación, todas as olladas están postas no president, que intervirá publicamente a partir das 21h en relación ao golpe contra a Generalitat. Previamente, ás 19.30h, prevese que compareza diante da prensa a presidenta do Parlament, Carme Forcadell.

Comentarios