Máis de 23 mil delitos cometidos en 2020 pola extrema dereita en Alemaña

Son 700 máis que no ano anterior.
extrema dereita alemaña

En Alemaña cometéronse ao longo de 2020 a extrema dereita cometeu unha media de 63 delitos cada día. Foron 23.080 delitos, segundo datos aínda provisionais procedentes da policía dos 16 lander do país.

Estes datos foron demandados pola vicepresidenta do Parlamento alemán,  Petra Pau, e recollidos polo  Deutsche  Welle e o do que se fai eco Esquerfda.net. Esta deputada do Die  Linke, cuxo partido solicita periodicamente este tipo de informacións ao Ministerio do Interior dixo ao xornal Der Tagesspiegel que non está sorprendida unha vez que “a aceptación da violencia como substituta da política está aumentar” e considera que o novo pico ten a ver coa crise  pandémica que ten sido aproveitada polos movementos de ultradereita.

O nivel atinxido por estes crimes de odio é agora o máis alto desde 2016, altura en que, a crise dos refuxiados era máis  mediatizada e estes movementos aproveitaron para realizar varios ataques contra estranxeiros.

Destes delitos, 1.054 son violentos, deixando 307 persoas feridas. Segundo o  Tagesspiegel ao balance parcial faltan sumar, entre outras, as nove persoas mortas nun ataque racista en febreiro do ano pasado.

O propio Goberno de Alemaña pensa que a violencia da extrema dereita, o racismo e o antisemitismo son “as maiores ameazas á seguranza” do país, segundo declarou en xullo o ministro do Interior,  Horst  Seehofer.

Comentarios