Medio Ambiente

A maioría dos Estados non cumpre co límite de polución da OMS

Paquistán, o territorio máis contaminado.
Polución nas rúas de Delhi, territorio no que se sitúa a capital india. (Foto: saurav005)
photo_camera Polución nas rúas de Delhi, territorio no que se sitúa a capital india. (Foto: saurav005)

A entidade suíza IQAir publicou a terza feira o seu informe sobre a calidade do aire, que engloba 134 Estados e rexións, no que constata que só sete respectan o límite fixado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) de partículas en suspensión de menos de 2,5 micrómetros (PM2,5): Australia, Estonia, Finlandia, Granada, Islandia, Mauricio e Nova Zelandia.

Este tipo de partículas causan distintos danos no ser humano ao inhalarse e até a morte, e unha investigación publicada o mes pasado indica que non existe un nivel seguro de exposición. Entre o 2000 e o 2019 máis de 30 millóns de persoas morreron no mundo por este motivo, sinalou un estudo da revista científica The Lancet Planetary Health. Porén, a nivel global, a contaminación do aire mata sete millóns de persoas cada ano.

O estudo apunta cara a Paquistán como o Estado cun nivel de contaminación por PM2,5 máis perigoso, ao superar máis de 14 veces os estándares da entidade da Organización das Nacións Unidas (ONU), e á área urbana de Begusarai, na India, como a máis contaminada.

Comentarios