López Obrador confirma que non asistirá ao Cumio das Américas

Morena imponse nas eleccións do domingo.
O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador. (Foto: Europa Press)
photo_camera O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador. (Foto: Europa Press)

Andrés Manuel López Obrador, presidente de México, despexou onte a principal dúbida pendente sobre o IX Cumio das Américas que comezou nos Ánxeles (Estados Unidos), confirmando que non estará no evento despois da exclusión de Cuba, Venezuela e Nicaragua e a pesar do “interese persoal” na súa asistencia transmitido polo presidente dos EUA, Joe Biden.

“Non vou porque non se convida a todos os países de América, e eu creo na necesidade de cambiar a política que se vén impoñendo por séculos, a exclusión”, incidiu o mandatario dos Estados Unidos Mexicanos, facendo fincapé en que esta “exclusión, o querer dominar sen razón algunha, o non respectar a soberanía dos países”, ten que rematar.

No que atinxe ás eleccións que decorreron o domingo en seis Estados controlados pola oposición, o Movemento de Rexeneración Nacional (Morena) de Obrador e as coalicións nas que participa fíxéronse con catro Gobernacións: Quintana Roo, Oaxaca, Hidalgo e Tamaulipas. Con estas vitorias, Morena controla xa 21 dos 32 Estados do país.

Comentarios