O ex-primeiro ministro, mellor nos inquéritos

Juppé ou Sarkozy. A dereita francesa procura candidato para as presidenciais de 2017

A dereita francesa anda á procura de candidatos para a presidencia da república en 2017. Nesta semana comezan os debates para unhas primarias que se celebrarán en novembro.

648x415_nicolas-sarkozy-bruno-maire-francois-fillon-alain-juppe-jean-frederic-poisson-nathalie-kosciusko-morizet-jean-francois-cope
photo_camera De esquerda a direita, Nicolas Sarkozy; Bruno Maire; François Fillon; Alain Juppe; Jean Frederic Poisson; Nathalie Kosciusko Morizet; Jean François Cope.

Mentres os sete candidatos da dereita francesa ás primarias se preparan para o primeiro debate o 13 de outubro, unha sondaxe que hoxe publica Le Figaro mostra Nicolas Sarkozy en horas baixas, cun 28% dos votos. Pola contra, o alcalde de Bourdeaux, Alain Juppé cobraría moita vantaxe sobre o ex-presidente, obtendo un 42 %

Globalmente o inquérito confirma a polarización do voto no dúo Juppé-Sarkozy. Bruno Le Maire obtén a terceira praza, co 13% dos sufraxios, baixando desde agosto en que alcanzaba o 17%. François Fillon ficaba relegado á cuarta praza, cun 8 % dos votos.

O interese destas primarias non sería o que é se non for porque, con toda probabilidade, o gañador delas será o próximo presidente da Franza, ao ficaren os socialistas  fóra de toda posibilidade. 

No quinto lugar, está a única candidata, Nathalie Kosciusko-Morizet, que logra reunir un 4,5 por cento dos votos e finalmente Jean-François Copé et Jean-Frédéric Poisson, conseguía un 1,5 por cento dos votos.

A sondaxe estabelece diferentes percentaxes segundo os tramos de participación e é na hipótese de máis participación, por enriba dos cinco millóns de electores, que Juppé avantaxa máis a Sarkozy, chegando a un 43 por cento fronte a un 26 por cento.

O peso da Fronte Nacional

Todo parece indicar que a diferenza máis ou menos marcada entre Juppé e Sarkozy virá dada pola participación dos votantes da FN de Marine Le Pen. Poderían ser entre 260.000 e 595.000, nunha estimación de participación de entre 2,6 millóns e 3,5 millóns, isto é, representarían entre o 10 e o 17 por cento dos votos. Sarkozy podería captar até un 77% destes votos.

Comentarios