Israel conforma un goberno "polo apartheid e a colonización"

Netanyahu entrega o control dos territorios ocupados e o Ministerio de Xustiza ao sionista Fogar xudeu.

Colonia israelí en Palestina
photo_camera Colonia israelí en Palestina

Asinado o acordo, a coligazón que gobernará por 4 anos o Estado de Israel semella non contribuirá ao diálogo nen á resolución do conflito en Palestina. O reparto das carteiras ministeriais pon en mans do radicalismo sionista a xestión de áreas como a Xustiza e a Autoridade Civil, que exerce o control sobre os territorios ocuapados. 

Entre as novas facianas do executivo israelita atópase a que foi parlamentar de Fogar xudeu, Ayelet Shaked. Unha persoa que defendeu o asasinato do pobo palestiniano e, nomeadamente, das súas mulleres. Shaked será agora quen participe na selección de xuíces e que dirixe o comité emanado do Parlamento sobre lexislación. 

Tamén queda en mans sionistas o control dos territorios ocupados e o novo goberno aprobou xa un incremento do orzamento destinado á construción de novas colonias. "É obvio que Israel non procura a paz", sinalou o portavoz da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), Xavier Abu Eid, en declaracións recollidas pola axencia de noticias EFE. 

Omar Barghouti (BDS): "Elixiron o goberno máis fanático da súa historia"

"O goberno israelita é unha coligazón nacional polo apartheid e a colonización, onde a xustiza, a paz e unha solución de dous estados non ten cabida", acrecentou. 

Pola súa banda, desde a campaña internacional Boicote, Desinvestimento e Sancións contra Israel (BDS), o activista palestino e co-fundador, Omar Barghouti, asegurou que "elixiron o goberno máis fanático da súa historia". Un executivo que calificou como "cóctel de dereita, extrema dereita e partidos xudeus fundamentalistas". Omar Barghouti considerou que a nova equipa de goberno, que integra o Likud e Fogar xudeu, desenvolverá unha "política colonial sen disimulo". 

Desde o partido do premier Benjamin Netanyahu xa advertiron qeu "non haberá nunca un Estado palestino" embora ter sido recoñecido polas Nacións Unidas, a Corte Penal Internacional e, recentemente, até polo Estado Vaticano. 

Comentarios