Israel bombardea Siria en castigo polo apoio de Damasco a Líbano e Palestina

O exército israelí atacou esta semana Siria após pedir o executivo hebreo permiso a EEUU para a acción militar. Israel ten no albo a Siria polo seu apoio aos movementos palestinianos e libaneses contra a ocupación hebrea
Israel

Que o conflicto interno que está a vivir Siria desde hai meses é un taboeiro onde cada vez hai máis intereses en xogo das potencias mundiais non é nada novo. Un xogo no que pouco importa que o goberno sirio sexa ou non democrático para o seu pobo. O feito de que Damasco fose ao longo destes anos un aliado de Palestina convirte a este país en albo dos intereses de Israel por controlar a rexión, co apoio de EEUU (ou viceversa, intereses de EEUU por controlar a rexión co apoio de Israel).

O exército de Israel vén de bombardear Siria, nunha acción para a que anteriormente solicitou o consentemento de Washington. Os mísil hebreos caeron sobre un edificio do goberno de Siria ubicado nos arrabaldos de Damasco e provocaron dous mortes e varios feridos. Fontes próximas ao goberno israelí, sen embargo, indicaban que os ataques foron contra un convoi sirio con destino a Líbano.

Non é o primeiro ataque de Israel, empeñado en que caia o executivo sirio, polo apoio aos movementos de resistencia contra a ocupación sionista que existen en Pestina e Líbano. Neste sintido, o executivo de Siria denuncia máis dunha vez o apoio e soporte de Israel a 'grupos terroristas' que actúan no país. Unha denuncia corrobrorada por diferentes medios de comunicación, que puxeron en eviencia a conexión de redes (de financiamento, tráfico de armas, asesoramento,..) de Israel con organizacións que atacan a Siria.


Comentarios