Imputan o director de ‘El Jueves’ por unha brincadeira na que vinculaba policía e consumo cocaína

A revista publicaba o 4 de outubro que as existencias desta droga esgotáranse en Catalunya pola presenza policial nos ‘Piolíns’ (buques de pasaxe).

el jueves

Guille Martínez, director da revista satírica ‘El Jueves’, é citado a declarar a vindeira cuarta feira no xulgado de instrución número 20 de Barcelona a raíz dunha denuncia por inxurias presentada pola Policía española.

O 4 de outubro pasado, 3 días despois das cargas da Policía española no 1-O, a revista publicaba que en Catalunya esgotáranse as existencias de cocaína pola masiva presenza de axentes da policía e Garda civil aloxados en buques de pasaxeiros en Barcelona e Tarragona. 

Comentarios