Un home suicídase en Cornellà cando o ían desafiuzar da vivenda

Un home de 45 anos botouse ao baleiro desde un décimo andar en Cornellà de Llobregat (Catalunya) cando o ían desafiuzar da súa vivenda.

despexo clausula solo PAH Vigo
photo_camera Protesta contra os despexos en Vigo.

Unha comitiva xudicial chegou ao domicilio da persoa -propiedade dunha entidade bancaria- para executar o despexo. Mais a vítima non abría a porta. Os encargados do desafiuzamento chamaron unha patrulla dos Mossos d'Esquadra.

Ao personarse os policías, unha muller abriu a porta. Nese intre, o home xa saltara do balcón ao pavimento. Faleceu no acto. O suceso aconteceu entre as 10 da mañá e a unha do mediodía desta quinta feira, 14 de xuño.

A familia estaba nunha lista de espera para vivenda social. O banco propietario do piso denunciara a parella por impago. A demanda comunicóuselles o pasado mes de xaneiro.

Comentarios