Timoleón Jiménez, alcumado Timochenko, líder das FARC-EP, avanzaba, mediante un chío publicado en Twitter, a culminación do acordo definitivo dos diálogos co Goberno colombiano en aras da paz. “Acaban de terminar unha nova xornada. Séguese traballando intensamente en función do acordo final”, apuntaba perto das 20h (hora local).
Acaban de terminar una nueva jornada. Se sigue trabajando intensamente en función del acuerdo final #VamosPorLaPaz https://t.co/MZYYdNEdQC
— Timoleón Jiménez (@Timochenko_FARC) 24 de agosto de 2016
Ademais, Jesús Santrich, membro da delegación das FARC-EP, escribía tamén en Twitter un chío máis esclarecedor, aínda que apelaba á prudencia: “Tamén espero que mañá sexa un día histórico. Mais aínda non finalizamos”.
También espero mañana sea día histórico. Pero todavía no hemos finalizado. Amanecerá y veremos dijo el ciego. https://t.co/NjbzU1UGzM
— Jesús Santrich (@JSantrich_FARC) 24 de agosto de 2016
Aliás, a conta oficial de Twitter dos membros do Goberno na Mesa de Conversas de La Habana sinalaba hai oito horas que “Se achega o día... Imos camiño á Paz”.
Diversos medios de comunicación aseguran que o groso do pacto está xa fechado e que tan só fican por resolver aspectos técnicos do documento, que se faría oficial esta terza feira en La Habana, segundo o Alto Comisionado para a Paz.
A emisora colombiana Caracol Radio daba a coñecer hai escasas horas que “as partes se puxeron de acordo no deseño dunha nova proposta de reintegración máis sensata para as FARC-EP e no compromiso do Goberno para a presentación do proxecto de lei sobre a amnistía”.
Un proceso que comezou en 2012
O diálogo para a paz entre o Goberno colombiano e as FARC-EP encetou en novembro de 2012 en La Habana co fin de chegar canto antes a un acordo que puxese fin ao conflito armado interno, que durou máis de medio século.