O Goberno español condiciona unha prórroga do estado de alarma á evolución nos próximos días

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, supedita a decisión de solicitar ao Congreso unha nova prórroga para estender no tempo o estado de alarma á evolución da pandemia nos próximos días e sempre baixo os criterios do comité científico e das autoridades sanitarias".
2020040310394019010
photo_camera O Goberno decidirá nos próximos días a continuidade ou non das restricións do estado de alarma (Europa Press)

"Estamos diante dunha situación dinámica e de avaliación diaria do desenvolvemento da pandemia ", manifestou o titular de defensa na noite da pasada quinta feira, durante unha comparecencia telemática, na que sinalou que, "tendo en consideración que as medidas adoptadas até agora están a determinar resultados positivos, deberán ser os próximos días os que determinen unha resolución para seguir combatendo en virus en termos de eficacia".

O BOE publicou o pasado 28 de marzo o acordo do Congreso dos e das Deputadas polo que se avalou prorrogar 15 días o estado de alarma decretado o 14 de marzo para facer fronte ao coronavirus. Esta prórroga expira ás 00.00 horas do 12 de abril.

Horas antes, Grande-Marlaska xa asegurara que o Goberno se expón "todas as posibilidades" e apelaba a traballar día a día.

"O importante é que nestes quince días o Sistema Nacional de Saúde non se sature", sinalou no curso dunha entrevista con TVE, na que avisou dunha recuperación de forma "progresiva" da normalidade unha vez o Goberno decida acabar co confinamento porque, segundo dixo, non se vai a pasar "do negro ao branco".

Comentarios