A fuxida do emérito é "materia allea" ao Congreso

A Mesa da Cámara Baixa rexeita por ser "materia allea" ao control parlamentar sobre o Executivo estatal as solicitudes de comparecencia presentadas polo BNG e outras forzas soberanistas para que Pedro Sánchez e Carmen Calvo dean explicacións sobre a "implicación" do Goberno español na fuxida de Xoán Carlos I de Borbón. 
O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)

A Mesa do Congreso opúxose esta sexta feira, 21 de agosto, á petición de comparecencia de representantes do Goberno español sobre a decisión de abandonar o Estado tomada polo rei emérito, Xoán Carlos I de Borbón. A Mesa rexeitou a solicitude considerando que se trata esta dunha "materia allea" ao control parlamentar sobre o Executivo.

A petición foi presentada por BNG, EH Bildu, ERC, Junts CUP, Compromís e Máis País e nela pedían a comparecencia do presidente español, Pedro Sánchez, así como da vice presidenta, Carmen Calvo, para que explicasen as xestións do Goberno coa Casa do Rei en relación coa marcha de Xoán Carlos I aos Emiratos Árabes Unidos.

Comentarios