Francia fecha o Louvre e Versailles por temor a atentados

Francia reforza a seguridade antiterrorista con 7.000 militares e evacúa o Museo do Louvre e o Palacio de Versailles por temor a un atentado.

Visitantes de Versailles abandonan as instalacións (Foto: Nós Diario).
photo_camera Visitantes de Versailles abandonan as instalacións (Foto: Nós Diario).

O Louvre de París, o museo máis visitado no mundo, foi evacuado este sábado e tivo que fechar as súas portas por temor a un atentado terrorista, segundo informou a propia institución.

A decisión adoptouse despois de que o museo recibise ameazas por escrito e comezou pouco antes das 12.30 horas.

Horas despois, o Goberno francés adoptou a mesma medida no Palacio de Versailles que tamén foi evacuado esta tarde tras unha ameaza de bomba que chegou ás autoridades a través dumha mensaxe anónima.

Nese momento, con 15.000 visitantes nas instalacións, vixiantes do museo percorreron as salas pedindo ás persoas, unhas 15.000, que se dirixisen cara á saída.

O goberno francés, ademais, anunciou que despregará até 7.000 militares dentro da denominada Operación Sentinela tras o asasinato dun profesor de liceo nun instituto de Arrás.

Operación Sentinela

A Operación Sentinela foi activada en 2015 polo daquela presidente francés, o socialista François Hollande, debido á onda de atentados xihadistas que golpeou o país aquel ano, como os de Bataclán ou Charlie Hebdo.

O dispositivo está activo desde entón e conta con 10.000 efectivos, 3.000 deles na reserva, que se despregan en función das alertas terroristas. Desde 2012, os atentados terroristas xihadistas en Francia mataron 272 persoas e feriu 1.200, sobre todo en 2015 e 2016.

Comentarios