Francia planea atacar Níxer para "liberar o presidente deposto" Mohamed Bazoum

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, criticou o "profundamente perigoso" golpe de estado en Níxer, sinalando que París apoiará aos grupos rexionais na súa decisión de impor sancións.
Protestas a favor dos golpistas en Níxer. (Foto: Djibo Issifou / DPA)
photo_camera Protestas a favor os golpistas en Níxer (Foto: Djibo Issifou / Dpa).

A xunta militar de Níxer declarou esta segunda feira pola televisión estatal que o goberno derrocado autorizou Francia a atacar o palacio presidencial para liberar ao deposto presidente Mohamed Bazoum, segundo reporta Reuters.

Anteriormente, os militares avisaran que calquera intento dun Estado estranxeiro de sacar o mandatario do seu cativerio resultaría nun “derramamento de sangue e caos”.

De acordo co rebelde coronel do Exército Amadou Abdramane, a autorización para a operación francesa foi asinada polo ministro de Asuntos Exteriores de Níxer, Hassoumi Massoudou, en calidade de primeiro ministro. Nin o chanceler nin funcionarios franceses deron comentarios sobre estas declaracións.

Pola súa parte, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, criticou o "profundamente perigoso" golpe de estado en Níxer, sinalando que París apoiará aos grupos rexionais na súa decisión de impor sancións.

Liberación de Bazoum

Ademais, o mandatario pediu a liberación do presidente Bazoum, quen se atopa retido na súa residencia, despois de que o 27 de xullo as forzas de defensa e seguridade do país anunciasen a súa destitución, o fechamento de fronteiras e a imposición dun toque de recoller.

Neste contexto, a Comunidade Económica de Estados de África Occidental (Cedeao) tomou a decisión de cortar os lazos co país este domingo. A Cedeao, organización da cal Níxer é parte, deu á xunta militar unha semana para devolver ao poder o deposto presidente, advertindo que non descarta o "uso da forza" para cumprir este obxectivo, á vez que impuxo ao país sancións financeiras inmediatas.

Comentarios