A Fiscalía pide prisión para Jordi Turull por risco de fuga

Solicita a mesma medida para Josep Rull, Raül Romeva, Carme Forcadell e Dolors Bassa, que esta sexta declaran no Supremo. Tamén para Marta Rovira, que non se presentou e marcha para o exilio. A Fiscalía cursou unha orde de busca e captura contra a secretaria xeral de ERC.

turull

A Fiscalía pide prisión provisional para o candidato a president da Generalitat, Jordi Turull, os deputados Josep Rull e Raül Romeva, así como Dolors Bassa, Carme Forcadell e Marta Rovira, que esta quinta feira anunciaban que deixaban os seus escaños. A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, non se presentou esta sexta feira no Supremo e anunciou nunha carta á militancia republicana que marchaba para o exilio. A Fiscalia pide para Marta Rovira unha orde de busca e captura internacional, petición que fai extensiva ao resto de políticos exiliados, entre eles Carles Puigdemont e Anna Gabriel. 

O maxistrado Pablo Llarena realiza unha breve vista conxunta para revisar as súas medidas provisionais e debe decidir agora se envía ao cárcere máis líderes independentistas. A acusación popular, representada polo partido de extrema dereita  Vox, tamén pediu prisión provisional. No seu escrito de procesamento, o maxistrado do Supremo recorda que, en particular, os acusados que serán procesados por rebelión enfrontan sentenzas de prisión tan grandes que poderían ter a "tentación de fuxir". Llarena sinala tamén que a investigación deixou claro o "desprezo" dos procesados ás ordes e ás decisións xudiciais, que foron "sistematicamente" desatendidas nos últimos anos.

Denega liberdade a Jordi Cruixart

Llarena tamén aproveitou o interlocutorio de procesamento para negar a liberdade ao presidente de Omnium, Jordi Cuixart. Llarena argumenta tamén co inminente risco de fuxir. Cuixart está na prisión de Soto do Real desde o 16 de outubro.

Comentarios