Festival de Cine e Dereitos Humanos pecha a porta á presencia de Garzón

A organización desta cita de referencia decidiu que, malia estar previsto inicialmente, o ex-xuíz da Audiencia Nacional non tomase parte na inauguración desta edición. Tomou así en consideración as queixas de colectivos que denunciaban que Garzón ten un historial escuro en aspectos como o da tortura

 

Garzón

O Festival de Cine e Dereitos Humanos ten lugar cada ano a cabalo entre Barcelona, Nova York e París. A organización anunciara hai xa varias semanas que o ex-xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón sería o protagonista da inauguración desta edición. Un feito que xerou de inmediato a protesta e a denuncia de numerosos colectivos e asociacións que afirmaban non entender como nun festival centrado nos dereitos humanos se convocaba a unha persoa co historial de 'sombras' que ten Garzón.

O festival, un referente recoñecido pola Unesco, decidiu finalmente que Garzón non estivese presente. É máis, no festival non se proxectará nin sequera un documental sobre o ex-xuíz, que tamén estaba previsto que se botase nesta edición

Tortura

Segundo recollen diferentes medios, entre eles Naiz, @s organizadores do evento terían escoitado e tido en consideración os argumentos deses colectivos e entidades, que lembraban a implicación de Garzón en casos cando menos 'controvertidos' para os dereitos humanos e liberdade de expresión (ilegalización de organizacións da esquerda abertzale, peche de xornais en Euskal Herria,...). Tamén se facía fincapé na súa responsabilidade en operativos contra o independentismo que implicaron torturas e malos tratos que o daquela xuíz non quixo investigar.

Comentarios