O FBI emitiu nesta segunda feira unha nota informativa sobre a emisión dunha orde de busca e captura contra o presidente da Asociación de Amizade con Corea do Norte, Alejandro Cao de Benós, acusado de "conspirar" para Corea do Norte.
Na súa nota, os servizos de intelixencia estadounidense explican que Cao de Benós, xunto cun cidadán dos Estados Unidos (EUA), "proporcionaron ilegalmente servizos de tecnoloxía 'blockchain e criptomoedas" ao país asiático.
Segundo o FBI, o político catalán reclutou este experto estadounidense a comezos de 2018, durante unha confrerencia sobre criptomedas en Pyongyang.
Acusan a Cao de Benós de "violar as sancións dos EUA", ademais de incumprir a Lei de Poderes Económicos de Emerxencia Internacional (IEEPA).
Resposta de Cao de Benós
Pola súa parte, Cao de Benós aproveitou a súa conta na rede social Twitter para responder á orde de busca e captura emitida polo FBI.
No sé por qué hoy todo el mundo me busca. Estoy en Jerusalén, al lado del Gólgota comiéndome un durum de falafel. pic.twitter.com/AYGcIflu1O
— Alejandro Cao (@DPRK_CAODEBENOS) May 23, 2022
Nun chío publicado pasadas ás 14 horas, sinalou non saber "porque hoxe todo o mundo" o busca.
Cao de Benós afirmou que está en Xerusalén, "ao carón do Gólgota", e detallou que estaba a "comer un durum de falafel".