Os EUA, "enfurecidos" con Macron pola escalada de tensións con Rusia

Debate polo envío de tropas da OTAN a Ucraína
O presidente de Francia, Emmanuel Macron. (Foto: Nicolas Maeterlinck / Belga / DPA vía Europa Press)
photo_camera O presidente de Francia, Emmanuel Macron. (Foto: Nicolas Maeterlinck / Belga / DPA vía Europa Press)

As declaracións do presidente francés, Emmanuel Macron, en febreiro, nas que deixou entrever que a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) podería enviar tropas á guerra en Ucraína, e que desencadearon unha escalada de tensións entre Rusia e a alianza militar controlada por Washington, “enfureceu os funcionarios estadounidenses, que en privado afirman que esa medida podería incluso fomentar un enfrontamento con Moscova”, reportou a cuarta feira a axencia Bloomberg.

Neste sentido, distintos funcionarios explicaron que “non foron moi intelixentes desde o punto de vista da seguridade operativa” posto que “varios países xa teñen discretamente algún persoal en Ucraína”. Con esta clase de actuacións, Macron “foise convertendo no xefe de facto da política exterior” comunitaria, mais “non todos os seus aliados están convencidos de que sexa o mellor defensor dos seus intereses”.

Despois das súas palabras, produciuse unha cascada de intervencións de varios membros da OTAN para rexeitar esa posibilidade, encabezadas por “unha inmediata e moi pública recriminación” do chanceler alemán, Olaf Scholz, e Moscova advertiu que iso provocaría unha guerra coa OTAN.

Comentarios