martes 31.03.2020

Estado español xa supera China en falecementos polo coronavirus

Os datos actualizados esta mañá polo Ministerio de Sanidade sobre a incidencia do coronavirus elevan os casos de persoas infectadas no territorio estatal até as 47.610 persoas, 7.937 máis que hai 24 horas. Con 738 máis falecementos na última xornada, Estado español chega aos 3.434 decesos e supera a mortalidade da enfermidade na China, onde faleceron 3.281 persoas.

 
Fernando Simón, no centro, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade (Europa Press)
Fernando Simón, no centro, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade (Europa Press)

A  nivel global, o novo coronavirus xa superou a cifra dos 400.000 contaxios e causou a morte a máis de 18.900 persoas en todo o mundo, coa perspectiva de chegar a alcanzar esta mesma semana os 500.000 positivos se semantén o ritmo de crecemento actual. Só na China, os positivos ascenden a 81.218.

No territorio estatal, Madrid segue sendo a máis afectada, con 14.597 casos e un total 1.825 falecementos, seguida de Catalunya, onde hai  9.937 casos confirmados e se rexistraron desde o inicio da crise sanitaria 516 mortes. Nas últimas dúas semanas, os territorios onde a pandemia está a ter maior incidencia son 14 días son, segundo os datos do ministerio, A Rioxa, Madrid, Navarra e Euskadi.

Na Galiza, a esta hora, o número de falecementos a consecuencia da pandemia alcanza as 30 persoas, tras transcender a morte de tres pacientes infectados. Hai 1.598 casos confirmados, 412 con ingreso hospitalario e, en caso de 69, en UCI.  

 As cifras ofrecidas desde Sanidade sinalan que 5.367 persoas infectadas lograron superar a doenza en España, 1.573 máis que na xornada precedente.

comentarios