Detectados 13 casos da variante ómicron en Portugal

Os casos refírense aos xogadores de fútbol do Belenenses  SAD que  testeram positivo á Covid-19, dado que un deles tivo unha viaxe recente á África do Sur. 
EuropaPress_3522665_tranvia_lisboa

Portugal ten, no mínimo, xa 13 casos confirmados da nova variante ómicron, indica o Instituto Ricardo Jorge ( INSA) nunha nota enviada na mañá desta segunda feira aos medios de comunicación.

Os casos refírense aos xogadores de fútbol do Belenenses SAD que  testeram positivo á Covid-19, dado que un deles tivo unha viaxe recente á África do Sur. 

"Os ensaios preliminares efectuados no  INSA suxiren que todos os 13 casos asociados aos xogadores da Belenenses SAD estean relacionados coa variante de preocupación ómicron", indica o instituto no comunicado.

A variante ómicron do coronavirus comezou esta fin de semana a se rexistrar por Europa. Bélxica converteuse a sexta feira no primeiro país europeo en detectar a presenza desta variante nun contaxiado, unha persoa non vacinada que volvía de Exipto vía Turquía, segundo escribiu en Twitter un afamado  virólogo belga, Marc Van  Ranst.

Até agora, segunda feira, non hai constancia de que esta variante estea no Estado español

O ministro británico de Saúde  Sajid Javid, anunciou o sábado ao mediodía a detección en Reino Unido de dous casos. Trátase de dúas persoas conectadas, unha en  Nottingham (centro do país) e a outra en  Chelmsford (ao leste de Londres), e das que se están investigando os seus contactos.

Alemaña, Italia ou a REpública Checa tamén notificaron ao longo desta semana que detectaran persoas con Covid con esta variante. 

Até agora, segunda feira, non hai constancia de que esta variante estea no Estado español, segundo informou o propio Goberno español, que insiste no uso da máscara e na terceira dose da vacina.

Tamén fixou un período obrigatorio de corentena para as persoas que cheguen ao Estado procedente de sete estados do sur do continente africano.

Comentarios