Denuncian que Aznar autorizou pagos da caixa B do Partido Popular

A medida que avanza o xuízo polo pago en diñeiro negro de parte das obras da sede do Partido Popular en Madrid, máis antigos cargos públicos da formación recoñecen ter recibido fondos de xeito irregular que coinciden coas anotacións manuscritas de Luís Bárcenas na presunta contabilidade B do PP entre 1990 e 2008

José María Aznar e o presidente del PP, Pablo Casado. (Foto: Europa Press)
photo_camera José María Aznar e o presidente del PP, Pablo Casado. (Foto: Europa Press)

O ex diputado do Partido Popular Jaime Ignacio del Burgo confirmou que José María Aznar autorizou o pago dunha “compensación económica” -que aparece nos papeis de Bárcenas- por 24000 euros a un cargo público entre decembro de 1991 e outubro de 1992.

A declaración esta terza feira do ex deputado popular durante a sesión do xuízo polo pago en diñeiro negro dunha parte das obras na sede do PP na rúa Génova sinalou como o entón presidente do PP tramitou estes pagos para Calixto Ayesa cando asumiu unha Consellería no Goberno de Nafarroa, que dirixía Unión del Pueblo Navarro, naquela altura, a marca do PP no territorio.

Del Burgo afirmou que despois de ter esa conversa con Aznar recibiu a chamada do tesoureiro do PP, Álvaro Lapuerta (xa defunto), quen lle comunicou que comezaría a entregarlle os cartos “en metálico e de forma periódica”.

Aproveitando as súas viaxes a Madrid pola súa condición de deputado, Del Burgo recollía os cartos e entregáballos a Ayesa.

Ademais de Del Burgo, tamén o ex deputado do PP Eugenio Nasarre admitiu que os apuntes sobre entregas de diñeiro na presunta contabilidade B do PP nas que aparecen os seus nomes son verídicos. Súmanse aos de Luis Fraga -ex senador do PP-, Cristóbal Páez -ex xerente do partido- e Luis Bárcenas, que xa recoñeceron a súa validez.

Negan as acusacións

Nesta sesión do tribunal tamén declararon Javier Arenas, ex deputado e ex secretario xeral do PP, e Jaume Mata, ex ministro e ex presidente das Illes Balears, que negaron ter recibido os cartos ao seu nome nos papeis de Bárcenas, se ben o primeiro aceptou que algúns dos apuntamentos da contabilidade B poden ser certos.

Despois chegou a quenda de declarar coma testemuñas de Pío García Escudero, ex presidente do Senado, Francisco Álvarez Cascos e María Dolores de Cospedal, ex secretarias xerais do PP, que negaron a existencia dunha contabilidade B no Partido Popular.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios