Darias non descarta ampliar o estado de alarma alén do 9 de maio

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, non descartou esta sexta feira que o Goberno estatal solicite a ampliación do estado de alarma máis aló do seu vencemento o próximo 9 de maio.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias. (Foto: R. Rubio / Pool / Europa Press)
photo_camera A ministra de Sanidade, Carolina Darias. (Foto: R. Rubio / Pool / Europa Press)

O actual estado de alarma conclúe o 9 de maio, mais por vez primeira este ano o Goberno estatal non desbotou ampliar a súa vixencia.

O obxectivo do Executivo de Pedro Sánchez, segundo expresou na mañá da sexta feira a ministra de Sanidade, Carolina Darias, nunha entrevista concedida a RNE, é que a incidencia acumulada baixe até os 50 casos por 100.000 habitantes.

Unha vez se alcance esa cifra buscarase chegar “até un escenario de normalidade”, cifrado en 25 casos por 100.000 habitantes. Máis unha vez fiou esta finalidade ao “comportamento exemplar da cidadanía”.

A vacina de AstraZeneca, segura

En relación aos episodios tromboembólicos reportados nalgúns Estados europeos após a inoculación coa vacina de AstraZeneca, a responsábel de Sanidade apuntou: “É segura, para nós da máxima fiabilidade”.

Desta maneira, o Estado español adhírese á recomendación da Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) que instou a seguir co seu inoculación.

"É segura, para nós da máxima fiabilidade", sostivo Darias, que explicou que España adhírese

Neste contexto, Darias lembrou que a propia EMA indicou que non existe unha "relación causal entre os eventos trombóticos e a vacina en si". "Prudencia, tranquilidade. Máxima vixilancia, pero tranquilidade", pediu.

Fechamento na Semana Santa

Preguntada pola negativa de Madrid a fechar a comunidade durante a Semana Santa, Darias sinalou que o acordo do Consello Interterritorial foi publicado esta sexta feira no Boletín Oficial do Estado (BOE) “para que teña a maior eficacia”. Lembrou que o seu cumprimento é “obrigado”.

Comentarios