Crónica de urxencia desde un colexio electoral

colas para votar imaxe de Dani Candal

A tranquilidade do sábado, malia os graves incidentes na Praza de Sant Jaume a cargo de manifestantes ultras, non presaxiaba a extremada dureza da xornada ddo domingo. Os peches preventivos da cidadanía nos colexios electorais, desde a mesma sexta feira, sinalaban que os lugares para exercer o voto estaban controlados. A solidariedade da primeira noite repetiuse na segunda coa participación dos centos de voluntarios e observadores, algúns verdadeiros activistas que se sumaron a durmir no chan ou a partillar conversa ata o día seguinte.

A organización do referendo avisaba da posibilidade, case segura, da visita de patrullas de Mossos a partir das 6 da mañá e así foi. As concentracións diante das sedes de voto multiplicáronse. No IES Miquel Tarradell conxugouse grande parte dos medios de comunicación estranxeiros. A policía catalá pasou tou nota e marchou, tal e como se agardaba cando prometeran non intervir no caso de houbera mita xente defendendo as urnas.

A chegada destas foi o momento máis emotivo da fin de semana, entre aplausos e algunha que outra bágoa froito da tensión acumulada. A sucesión de acontecementos, a partir das 7 horas, acelerouse. A través dos dispositivos móbiles a xente informábase das últimas instruccións do goberno catalán: se pechan un colexio poderíase votar noutro, os datos están partillados na nube dixital polo que en calquera mesa aceptarían o voto.

"Faltan 50 persoas na EOI de Drassanes". As consignas indicaban a importante distribución naqueles lugares con menos presenza de persoal. 

A cidade, aínda a espertar, case baleira entre colexio e colexio electoral. Na EOI de Brassanes, a carón do porto, a consigna fixo efecto en cuestión de minutos e na explanada dianteira un cento de persoas protexia o centro. "facede fileiras, os 15 primeiros constituirán as táboas electorais". Con certo retraso comezaron a entrar as primeiras votantes que, no caso deste local, foi unha muller árabe que levaba en Catalunya moitos anos. "Estou aquí para loitar pola independencia de Catalunya", sinalaba. As primeiras persoas votantes eran maiores, algunhas acompañadas por familiares. "A xente maior ten prioridade", explicábanos un dos voceiros da organización deste colexio. 

Acoso polical e a través de internet  

Quince minutos despois dos primeiros votos comeza a fallar a web pola que se controlan os e as votantes. Membros da organización explican a situación e animan a que se agarde no exterior. Comezan a chegar novas e imaxes por internet da intervención policial en varios colexios electorais e organízase a defensa pechando as portas da EOI e establecendo xente de varias idades diante da porta.

No intre de escribir esta crónica a solidariedade continúa a estar presente coa chegada de alimentos para resistir "polo menos ata as dez da noite".

Comentarios