Os 'comuns' dan os seus votos a PSC e PP para impedir a Alcaldía do nacionalista Trias en Barcelona

 O dirixente de Junts, Xavier Trias, que gañou as eleccións do 28-M só obtivo o apoio de ERC e quedou con 16 votos.
Jaume Collboni foi escollido novo alcalde de Barcelona (Foto: Lorena Sopena / Europa Press).
photo_camera Jaume Collboni foi escollido novo alcalde de Barcelona (Foto: Lorena Sopena / Europa Press).

O líder do Partido Socialista de Catalunya (PSC), Jaume Collboni, foi elixido alcalde de Barcelona co apoio dos comúns e do PP (23 votos).

O dirixente de Junts, Xavier Trias, que gañou as eleccións do 28-M só obtivo o apoio de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e quedou con 16 votos.

Así, os comúns, liderados por Ada Colau, decidiron outorgar os seus votos ao PSC e ao PP para evitar unha Alcaldía do nacionalista Trias.

De Colau a Collboni

A Alcaldía da capital catalá pasa agora a mans dos socialista despois do ter sido ostentada os pasados mandatos por Colau.

Comentarios