As comunidades indíxenas piden criminalizar o contacto forzoso con pobos da Amazonia

Os Diálogos Amazónicos reuniron esta fin de semana líderes de pobos orixinarios, organizacións sociais e non gobernamentais (ONG) na cidade brasileira de Belém do Pará. Os participantes defenderon a necesidade de respectar aspectos relativos á territorialidade dos pobos non contactados.

Un dos debates dos Diálogos Amazónicos (Foto: Renato Simões).
photo_camera Un dos debates dos Diálogos Amazónicos. (Foto: Renato Simões)

Tres días de debates e xuntanzas na cidade brasileira de Belém do Pará serviron para escoitar a voz dos pobos orixinarios da Amazonia. O encontro denominado Diálogos Amazónicos reuniu, desde a pasada sexta feira e até este domingo, líderes de pobos orixinarios, organizacións sociais e non gobernamentais (Ong) nesa cidade para expresar as súas demandas.

Unha das peticións máis reiteradas cara os oito países que ocupan o seu territorio foi a de criminalizar o contacto forzoso con pobos que habitan nela de forma voluntaria.

Durante a terceira e última xornada do evento, que concluíu este domingo e previo ao Cume Amazónico, os participantes defenderon a necesidade de respectar aspectos relativos á territorialidade deses pobos, prohibir a actividade agropecuaria, a minería e a talla ilegal nas súas demarcacións.

Segundo estes colectivos e organizacións, estas medidas poderían defender ás tribos non contactadas que habitan na rexión amazónica, que supoñen poderían ser unhas 185 en todo esa gran territorio, principalmente en zonas fronteirizas.

Da mesma maneira, nos encontros instouse as nacións que conforman a Amazonia para que  estabelezan relacións de cooperación conxunta e cedan os recursos óptimos para levar adiante labores de vixilancia, a aplicación de políticas públicas a favor dos pobos indíxenas e o recoñecemento dos seus dereitos.

Ademais, sinalaron que, pola súa propia existencia illada, estes pobos non contactados son vulnerábeis a certas enfermidades que poden ser introducidas nos seus territorios, polo que se recomenda a creación de cordóns sanitarios para evitar a expansión de doenzas traídas desde fóra. Os Diálogos Amazónicos e foron organizados pola Organización do Tratado Amazónico e o Ministerio dos Pobos Indíxenas de Brasil.

Cume Amazónico

Os Diálogos Amazónicos serviron para saber as demandas das comunidades que viven nese territorio. Na mesma cidade brasileira terán lugar o 8 e o 9 de agosto o Cume de Presidentes Amazónicos. Nel, mandatarias e mandatarios de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Perú, Suriname e Venezuela, tentarán “rescatar” os principios contidos do Tratado de Cooperación Amazónica de 1978.

Para os pobos e nacionalidades amazónicas, organizacións e movementos sociais, o Cume de Presidentes Amazónicos, convértese, desta maneira, nunha gran oportunidade para colocar na axenda do debate as súas preocupacións e alternativas.

Comentarios