CIS: 26% da cidadanía prefire un goberno PSOE-Podemos e 20% un de Pedro Sánchez en solitario

Un 10,6% defende un goberno de socialistas, Podemos con apoio de “nacionalistas independentistas”, porcentaxe superior ás partidarias dun executivo coas tres forzas de dereitas: PP, Cs e Vox.

Congreso

Unha de cada cinco persoas preguntadas polo CIS (20%) para a súa enquisa postelectoral preferiría un goberno do PSOE en solitario con apoios puntuais doutras formacións. Unha opción que ten menos apoio que a dun goberno de PSOE e Podemos, elixida por unha de cada catro persoas consultadas (26%). Un 16% optan pola vía dunha coalición de PSOE e Ciudadanos.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas divide en dous as que apoian ese goberno coaligado entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. Un 15,8% escollen esa coalición mais limitando o apoio a partidos nacionalistas “non independentistas” coas “abstencións necesarias”.

Por outra banda, 10,6% escollen un goberno de PSOE, Unidas Podemos e “partidos nacionalistas independentistas”. Porcentaxe superior a ese q10,1% que queren un executivo coa alianza das tres forzas da dereita: PP; Cs e Vox.

O traballo desenvolveusea mediados do pasado mes de maio e para o mesmo foron entrevistadas seis mil persoas. 

Comentarios