Cimeira dos estados sudamericanos para responder á ‘’inxerencia’’ de EUA en Venezuela

Unasur manterá esta quinta feira unha xornada preparatoria da reunión presidencial de grupo.

unasur-crop-crop

O presidente de Ecuador, Rafael Correa, anunciou que esta quinta feira @s representantes da Unión de Nacións Sudamericanas (Unasur) manterán unha xuntanza en Montevideo (Uruguai) para preparar un cumio presidencial do grupo para, dixo, dar unha resposta a “inxerencia” de Estados Unidos en Venezuela. A idea é que ese cumio decorra na vindeira semana para “dar a resposta correspondente a esta grotesca, ilegal, descarada inaudita e inxustificada inxerencia de Estados Unidos nos asuntos internos de Venezuela”.

“Imperio arrogante”

Nicolás Maduro asegurou na intervención na Asemblea Nacional para solicitar apoia á ‘Lei Habilitante’, que en Latinoamérica hai unha sensación de “incredulidade” perante o paso dado por EUA. “Non nos axeonllaremos perante ese imperio arrogante”, afirmou.

Comentarios