Chipre limita a retirada de cartos dos caixeiros a cen euros

A medida pretende evitar a fuga de depósitos para non pagar o 20% da quita. 

O Banco Central de Chipre, en previsión dunha fuga de depósitos, impuxo o límite de cen euros diarios para a retirada de efectivos d@s seus clientes. A medida tomouna após o anuncio do Parlamento esta sexta feira dunha quita do 20% para tasar depósitos superiores a 100.000 euros.

O medo das autoridades a que tivera lugar unha fuga dos capitais que gardaban os bancos xa circulaba pola illa e algunhas entidades, caso do Laiki Bank, reduciran as cantidades posíbeis de retirar por día desde os caixeiros automáticos. A medida podería estar en vigor até a apertura das entidades bancarias, prevista para esta terza feira.

Comentarios