Beijing continúa a respaldar Maduro

China, contraria á entrada "forzada" da "axuda humanitaria" en Venezuela

O choque xeopolítico de Venezuela mantén dun lado os EUA e doutro, Beijing e Moscova. Esta sexta feira, un portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores chinés advertiu a Washington que a introdución "forzada" de "axuda humanitaria" en solo venezuelano podería desencadear un conflito violento. Beijng gabou a "calma" e a "contención" mostradas até agora por Maduro.

AA EE China
photo_camera Geng Shuang.

"Se a chamada axuda material se introduce pola forza en Venezuela, pode causar violencia e confrontos. Tería serias consecuncias. Iso é algo que ninguén quere ver", dixo o portavoz chinés de Exteriores, Geng Shuang.

Beijing reiterou a súa oposición a unha eventual intervención norteamericana en Venezuela, hipótese que Washington considera seriamente. "Opoñémonos tamén a calquera acción que resulte en elevar a tensión", dixo Shuang.

A posición oficial do Goberno Maduro é que non existe ningunha crise humanitaria e que é un pretexto dos EUA para criar unha situación de caos no país que xustifique a intervención militar estranxeira.

En todo caso, Caracas anunciou nas últimas horas a chegada ao país dun cargamento de 7,5 toneladas de medicinas procedentes de Rusia. O Goberno Maduro atribúe os problemas de desastecimento que sofre Venezuela ás sancións de Washington.

Comentarios