"Se a chamada axuda material se introduce pola forza en Venezuela, pode causar violencia e confrontos. Tería serias consecuncias. Iso é algo que ninguén quere ver", dixo o portavoz chinés de Exteriores, Geng Shuang.
Beijing reiterou a súa oposición a unha eventual intervención norteamericana en Venezuela, hipótese que Washington considera seriamente. "Opoñémonos tamén a calquera acción que resulte en elevar a tensión", dixo Shuang.
A posición oficial do Goberno Maduro é que non existe ningunha crise humanitaria e que é un pretexto dos EUA para criar unha situación de caos no país que xustifique a intervención militar estranxeira.
En todo caso, Caracas anunciou nas últimas horas a chegada ao país dun cargamento de 7,5 toneladas de medicinas procedentes de Rusia. O Goberno Maduro atribúe os problemas de desastecimento que sofre Venezuela ás sancións de Washington.