Un cento de garda civís toman unha vila navarra que pedía a retirada das Forzas de Seguridade

Altsasu celebra este sábado 31 de agosto o ‘Ospa Eguna’ (Día de que lisquedes). Axentes da Garda Civil procedentes de até tres autonomías diferentes cortaron accesos a vila e identifican á veciñanza

Garda Civil en Altsasu
photo_camera Garda Civil en Altsasu

Por volta dun cento de garda civís procedentes de Nafarroa, Gipuzkoa e Zaragoza tomaron desde a noite da sexta feira a vila navarra de Altsasu para evitar que se celebrase hoxe sábado o ‘Ospa Eguna’, unha xornada con manifestación, música, charlas.. destinada a pedir a retirada das Forzas de Seguridade do Estado de Euskal Herria.

A delegación do Goberno español en Nafarroa solicitou á Alcaldía desta vila de 8.000 habitantes, en mans de Bildu, que suspendese os actos previstos no marco do ‘Ospe Eguna’. De por parte, o Ministerio de Interior xa anunciou que non ía permitir que se menosprezase ás FSE nin a España.

Parodia da casa real

Esta vila navarra, onde a esquerda abertzale sempre foi maioritaria, xa foi en 2011 albo dos ataques da caverna mediática española por escenificar unha parodia de procesión con membros da casa real, garda civil,... que eran expulsos da vila.


Foto: Guaixe.net

Comentarios