Unha cadea humana de 200 quilómetros unirá tres capitais vascas a favor da autodeterminación

cadea-crop
photo_camera -crop

A plataforma a favor do dereito a decidir Gure Esku Dago unirá o vindeiro 10 de xuño as tres capitais vascas cunha cadea humana, unha cita na que agarda que tomen parte máis de 100.000 persoas. A cadea comezará en Donostia e concluirá fronte ao Parlamento vasco, en Gasteiz. Van ser 201,9 quilómetros.

O 10 de xuño vai ser o día de “amosar o resultado de todo o feito, o aprendido e conseguido nestes anos”. Os portavoces Angel Oiarbide e Zelai Nikolas defenderon que 2018 vai ser un ano "importante" xa que "poden presentarse novas oportunidades no camiño cara ao dereito a decidir”.

"Queremos que 2018 sexa decisivo e imos traballar duro para que esas oportunidades convértanse nunha realidade. Porque somos conscientes de que as oportunidades non veñen soas. Hai que traballalas", apontaron.

Comentarios