Bolivia abre a porta a nacionalizar minas en mans dunha multinacional canadense

A decisión adóptase tras o forte conflicto aberto froito da oposición da comunidade orixinaria de Mallku Khota á actividade da empresa South American Silver
Marcha de orixinarios de Mallku Khota
photo_camera Marcha de orixinarios de Mallku Khota

Bolivia procederá á nacionalización dos xacementos mineiros explotados pola canadiense South American Silver no lugar de Mallku Khota, unha concesión concedida en 2006 e que desde o principio xerou unha forte oposición dos habitantes da zona, que consideran que esa actividade prexuciba acuíferos e demáis elementos ambientais.

Esta oposición derivou nos últimos tempos en feitos como a retención de enxeñeiros da empresa canadense e de efectivos policiais.

O ministro de TRaballo de Bolivia, Daniel Santalla, vén de manifestar nestas últimas horas que o presidente Evo Morales está decidido a revocar as autorizacións dadas no seu momento a South American Silver, a través dun decreto de nacionalización que aínda podería tardar un tempo en poñerse en marcha por mor de cuestións de tipo técnco-xurídico.

Morales: "Nacionalizar é a nosa obriga"

Nun acto que decorreu estes días non moi lonxe destes xacementos, o propio Evo Morales afirmou que "nacionalizar é a nosa obriga".

A medida volve traer ao presente a nacionalización hai uns meses da filial de Red Eléctrica Española en Bolivia

Comentarios