Boadella: “Catalunya é irrecuperábel, en tres ou catro anos será independente”

O actor e director teatral catalán Albert Boadella carga de novo contra o nacionalismo, critica os gobernos españois por “ceder á chantaxe” dos separatistas, insinúa que con Franco nunca houbo “nin un só edito” prohibindo o catalán e louba Madrid e España. E toda a enxurrada, nun breve almorzo coa prensa

Boadella
photo_camera Boadella

Boadella (Barcelona, 1943) gosta de crer que segue a ser o 'enfant terrible' do mundo do teatro, como nos anos iniciais de Els Joglars. Mais estraña rebeldía a que amparada, apoiada e aplaudida polos medios de comunicación españois máis reaccionarios. E estraña rebeldía, tamén, a que se pode exercer desde a ponte de mando do Teatro del Canal de Madrid, con toda clase de mimos e aloumiños do PP rexional e estatal. Igualmente, el propio se reivindica como bufón. Non esquecer: a principal tarefa dun bufón era divirtir o Rei.

"As vítimas de Franco estaban en Extremadura ou en Almería. Non había un só edito que prohibira o catalán"

Albert Boadella protagonizou un almorzo con xornalistas no Clube Internacional de Prensa. De teatro e cultura falou pouco, para alén de que atribúa aos seus compañeiros de profesión (“a farándula”, dixo) ser de esquerdas polo gosto a ser subvencionados.

Pujol, de lo peor, oye

Do que si falou foi de Catalunya. E non pouco. Iso si, sempre na mesma liña, a mesma que mantén desde hai anos con tanto éxito entre os altofalantes mediáticos de Madrid.

“Para min Madrid é a gloria, non hai ningunha etnia militante”

Despachouse a gusto Boadella. Afirmou que cando volta ao seu país natal, vive en Madrid, limítase a ir “do parking do AVE ao xardín da miña casa” e recoñece que opta por pisar o “territorio comanche” o mínimo posíbel. “Para min Madrid é a gloria, non hai ningunha etnia militante”.

Boadella, iso si, dá por sentado que Catalunya será independente “en tres ou catro anos. É irrecuperábel”. Algo do que responsabiliza á “propaganda e educación” que durante estas décadas impuxeron os nacionalistas en Catalunya, e que crearon “odio ao español”. Albert Boadella afirma que nesa “manipulación” da historia que atribúe ao nacionalismo catalán había mentiras creadas: “As vítimas de Franco estaban en Extremadura ou en Almería. Non había un só edito que prohibira o catalán, mais toda esa mentira distribuíu unha paranoia entre a cidadanía."

"Jordi Pujol foi o peor que lle pasou a Catalunya en 400 anos"

Alemania nazi

O director teatral tamén atribue que “Catalunya non queira ser España” á cesión á “chantaxe” separatista por parte do Estado español. O director teatral cargou especialmente contra Jordi Pujol, do que dixo que “foi o peor que lle pasou a Catalunya en 400 anos”. 

Afirma que ten asado "anos moi difíciles e cada vez máis complicados" a partires de 2004-2005, e a quen lle comentan que cando van a Catalunya notan un trato "excelente" replícalles que "iso mesmo" acontecía "na Alemaña do ano 33. Berlín era marabilloso pero na periferia facían pintadas noss comercios dos xudeus".

Comentarios