martes 09/03/21

Bárcenas: “Rajoy destruíu papeis da caixa B sen saber que tiña unha copia”

O ex tesoureiro del Partido Popular, que está na cadea, someterase a un novo xuízo na Audiencia Nacional en cinco días.
Imaxe de arquivo de Bárcenas xunto á Audiencia Nacional. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Imaxe de arquivo de Bárcenas xunto á Audiencia Nacional. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

O ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas escribiu unha carta á Fiscalía Anticorrupción na que asegura que o que fora presidente do Goberno e do PP, Mariano Rajoy, destruíu documentos nos que estaban anotadas as contas da suposta caixa “b”.

Pero o fixo “sen saber” que o propio Bárcenas gardaba unha copia. No escrito ao que puido acceder Europa Press, dáse a coñecer tan só cinco días antes de que a Audiencia Nacional comece a xulgalo polo investimento na reforma da sede nacional do partido con diñeiro extraído desa presunta contabilidade paralela que xestionaba.

Nesa misiva de finais de xaneiro o acusado -que cumpre unha pena de prisión de 29 anos pola trama Gürtel- amosa a súa “vontade de colaborar coa Xustiza”.

Alude, así, tanto ao xuízo pola caixa B que podería levalo a pasar outros cinco anos na cadea, como noutras causas “que estean pendentes de enxuizamento ou en plena instrución”.

Bárcenas fala ao longo de oito páxinas nas que conta que nos papeis deixaba constancia de doazóns, sobre todo de empresarios, ao falecido Álvaro Lapuerta na sede de Xénova ou “en restaurantes” a modo de intercambio por “importantes adxudicacións de obras e servizos públicos”.

Afirma, igualmente, que Mariano Rajoy era “perfectamente coñecedor” destes movementos. “Até o punto de que a principios de 2009 tivemos unha reunión no seu despacho na que lle mostrei os papeis desta contabilidade en B”, engade.

Segundo a súa palabra, o que foi presidente do Goberno do Estado Español chamoulle a atención por gardar “toda esa documentación comprometedora, que terminou destruíndo persoalmente sen saber que eu gardaba unha copia”.

comentarios