A MAIOR MATANZA CON ARMAS DE FOGO NOS EUA

O ataque a unha discoteca LGTBi de Orlando deixa 50 persoas falecidas

Aínda que as primeiras noticias do día apuntaban a unha cifra menor, o ataque a unha discoteca popular entre a comunidade LGTBi de Orlando deixou xa 50 persoas falecidas e 53 feridas. O autor do ataque disparou de maneira indiscriminada contra quen se divertía no clube.

[Pixabay] Unha arma sobre unha bandeira dos EUA
photo_camera [Pixabay] Unha arma sobre unha bandeira dos EUA

50 persoas mortas e 53 feridas é o balanzo do ataque nun clube nocturno de Orlando (Florida, EUA) no que irrompeu o asaltante para disparar de maneira indiscriminada contra as asistentes. O autor, identificado por algúns medios como un estadounidense de 29 [aínda non hai confirmación oficial] tomou reféns e atrincheirouse con eles até a chegada da policía, que o abateu após detonar dúas cargas explosivas como manobra de distracción.

O ataque a este clube de sona entre a comunidade LGTBi está a ser investigado como un acto de terrorismo. O FMI declarou na mañá do domingo que “temos indicios de que este individuo pode ter inclinación cara ao terrorismo islamista, mais non o podemos dicir de maneira concluínte”.

Esta matanza volve pór sobre a mesa o debate arredor da tenza de armas nos EUA dada a facilidade para acceder a elas -o asaltante levaba un fusil de asalto-, así como a discriminación á que está sometido o movemento LGTBi.

Comentarios