Apoloxía dos GAL no Congreso

O ex comisario da policía española, José M. Villarejo, lamenta na súa comparecencia na Cámara non ter participado nas operacións que fixeron desaparecer os militantes vascos ‘Pertur’ e a ‘Naparra’.

José Manuel Villarejo (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press).
photo_camera Villarejo (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press).

O ex comisario da policía española José Manuel Villarejo compareceu no comité do Congreso sobre a Operación Kitchen, a trama de espionaxe do PP contra Luís Bárcenas.

Nun momento da comparecencia, o deputado de EH Bildu, Jon Iñarritu, preguntou o ex-comisario se sabía algo sobre as desaparicións de Eduardo Moreno Bergareche ‘Pertur’, membro de ETA, José Miguel Etxeberria ‘Naparra’, dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, e outros vascos que desapareceron “a mans do terrorismo de Estado”.

Villarejo sinalou a ETA como a culpábel das desaparicións en primeira instancia, mais a seguir engadiu: “Lamentabelmente, non participei. Igual me tería gustado". Als palabras impresionaron o deputado independentista, que só puido articular automaticamente un "carallo".

"Sei que algunhas das miñas respostas son politicamente incorrectas”, dixo Villarejo, “mais estou convencido de que, como xa dixen moitas veces, coa nai e coa patria, con razón ou sen ela, había que acabar cos terroristas. E creo que o fixeron moi ben os meus compañeiros", engadiu o ex comisario.

O rei emérito

O ex comisario José Manuel Villarejo garante, na súa comparecencia do Congreso, que o feito de que o ex monarca fora "tan ardente" chegou a considerarse "un tema de Estado" nalgúns sectores. Sempre segundo a súa testemuña, mesmo se procuraron "hormonas femininas" para reducir ese grao de paixón.

Sempre atendendo ás declaracións de Villarejo, o Estado chegou a "fabricar hormonas femininas para baixar a libido" do ex rei, que nestes momentos supostamente prepara o seu regreso a España.

Comentarios