"A libido" de Juan Carlos de Borbón, "un tema de Estado"

O ex comisario José Manuel Villarejo garante, na súa comparecencia do Congreso, que o feito de que o ex monarca fora "tan ardente" chegou a considerarse "un tema de Estado" nalgúns sectores. Sempre segundo a súa testemuña, mesmo se procuraron "hormonas femininas" para reducir ese grao de paixón.

O rei emérito, Juan carlos I, en febreiro de 2020 (Foto: José Oliva / Europa Press).
photo_camera O rei emérito, Juan carlos I, en febreiro de 2020 (Foto: José Oliva / Europa Press).

A vida privada do rei emérito Juan Carlos de Borbón no eido sentimental vén de convertirse en asunto de Estado nos últimos anos, pois forma parte dos escándalos de suposta corrupción que se foron destapando neste tempo.

Porén, semella que a libido do pai do actual monarca de España xa estivera no punto de mira como "un tema de Estado".

Así o asegurou esta cuarta feira o ex comisario José Manuel Villarejo nunha intervención no Congreso dos Deputados.

Na súa intervención garantiu que certos sectores sociais chegaron a considerar de índole pública que Juan Carlos de Borbón fora "tan ardente", polo que se pensaron alternativas para reducir os seus graos de paixón.

Sempre atendendo ás declaracións de Villarejo, o Estado chegou a "fabricar hormonas femininas para baixar a libido" do ex rei, que nestes momentos supostamente prepara o seu regreso a España.

Ese remedio fabricado consistía en "inhibidores de testosterona", incidiu o ex comisario na súa comparecencia ante a comisión do Congreso que está a investigar a 'Operación Kitchen', o operativo presuntamente creado para espiar o ex tesoiro do PP Luis Bárcenas.

Villarejo explicou que a ex amante do rei emérito, Corinna Larsen, chegou a trasladarlle que estaban a medicalo "para quitarlle a forza".

Nunha das gravacións feitas, supostamente Larsen tería recoñecido: "Quitáronlle todo, non podería estar cunha muller nin nada...".

Comentarios