Amplo seguemento da greve xeral en Grecia contra as reformas fiscal e de pensións

É a quinta greve en 6 meses que vive o país grego.

Grecia greve protesto Imaxe ekathimerini
photo_camera Imaxe, Ekathimerini

A greve xeral de 24 horas que Grecia vive esta sexta feira e sábado está a ter un amplo seguimento, segundo axencias internacionais de noticias, que destacan que é o quinto paro xeral que vive o país nestes últimos seis meses, apontando tamén que é dos que máis repercusión está a ter.

Os sindicatos gregos convocaron a greve en protesto contra as polémicas reformas fiscal e das pensións que van ser debatidas en breve no Parlamento. "O Goberno tenta sorprender a sociedade coa votación das reformas durante a fin de semana", denunciou a Confederación Xeral de Traballadores da Grecia (GSEE), o sindicato maioritário no sector privado, antes de acusar o executivo de "golpe parlamentar" e de chamar a unha afluencia masiva ás manifestacións.

O sindicato do funcionalismo público (Adedy) defendeu o protesto de dous días como unha reacción necesaria "contra os impostos insoportábeis e inxustos que o goberno impón aos traballadores e ao pobo”. Os agricultores, que en xaneiro e febreiro bloquearan as estradas gregas durante seis semanas en protesto contra as polémicas reformas, tamém convocaron unha gran manifestación para estes días. O sindicato dos xornalistas (Poesy) adheriuse á greve.

Terceiro pacote do resgate

A reforma das pensións impulsada polo goberno liderado por Syriza fai parte do terceiro pacote de resgate a Grécia, e pretende poupar 1.800 millóns de euros anuais destinados as reformas a través do recorte das pensións suplementarias e dun aumento das cotizacións de traballadores. A reforma fiscal contempla aumentos de impostos e outra lei, ainda non presentada no Parlamento, prevê subir o IVA de 23% para 24%, e doutros impostos indiretos.

Este pacote de medidas ten como obxectivo obter un excedente primario (sen xuros da débeda) de 3,5% do PIB em 2018, de acordo co previsto no terceiro plano de resgate negociado en xullo de 2015 entre Atenas e os acredores internacionais. 

Comentarios