O cumio do G20 saldouse con centos de detencións e axentes feridos. A cimeira foi contestada nas rúas. Após das manifestacións que deixaron locais rotos, coches queimados e mobiliario público destruído, as autoridades alemáns esixen levar un control de extremistas de esquerdas en toda Europa.
Segundo dados da propia policía, producíronse un total de 143 detencións e 122 arrestos.
As e os axentes consideran que a principal dificultade para lograr que cumpran coas conseguintes sancións é que na súa maioría proceden de outros países. Daí que o ministro de xustiza alemán, Heiko Maas, pedise esta terza feira a creación dun rexistro europeo de extremistas de esquerdas, para, en última instancia, ter a posibilidade de vetar a entrada no país de elementos que se consideren como unha potencial ameaza.