Almeida cae nunha brincadeira e ofrece a un falso alcalde de Kiív deportar refuxiados ucraínos de volta para combater

O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, foi vítima dunha brincadeira levada a cabo por un comediante ruso que se facía pasar polo alcalde de Kiív.
O alcalde de Madrid,José Lius Martínez Almeida, durante a chamada co falso alcalde de Kiív. (Foto: Nós Diario).
photo_camera O alcalde de Madrid,José Lius Martínez Almeida, durante a chamada co falso alcalde de Kiív. (Foto: Nós Diario).

O alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, foi vítima dunha brincadeira levada a cabo por un comediante ruso que se facía pasar polo alcalde de Kiív.

Durante a chamada, o falso alcalde de Kiív indica a Almeida que "o deber dos ucraínos é morrer no campo de batalla loitando contra os rusos e non descansar nas praias de España", ao cal Almeida responde dicindo que está de acordo e que "é necesario castigar os bastardos rusos".

Durante a brincadeira, que durou por volta de 17 minutos e que tivo lugar a mediados do pasado mes de xuño, o comediante ruso que se facía pasar polo alcalde de Kiív realizou varios comentarios acerca do cimeira da OTAN que ía ter lugar en Madrid.

O comediante díxolle a Almeida que o emabixador ucraíno no Estado español tiña previsto "levar a cabo unha protesta ante a cimeira da OTAN espido para simbolizar que Ucraína está espida ante Rusia", ao que Almeida respondeu dicindo que se trataba dunha "actuación que sería moi valente". O rexedor madrileño até se mostrou voluntario a axudar con esta acción de protesta.

"Festival gay no batallón Azov"

A bricadeira continuou subindo a intensidade. Poucos minutos despois o falso alcalde de Kiív indicou a Almeida a súa intención de levar a cabo un "festival do orgullo gay entre as filas do batallón Azov" xa que no propio batallón "hai moitos homosexuais".

Ante isto, Almeida, que non parece sospeitar de que se trate dunha brincadeira en ningún momento, mostra a súa conformidade e apoio.

O Goberno de Madrid xa denunciou ante as autoridades esta brincadeira, e o propio alcalde cualificou o acontecido de "absolutamente intolerábel".

Comentarios